En galego tamén se fai ciencia

16.05.2011 00:00

Aqui deixamos un enlace dunha páxina, necesaria

https://www.engalegotamensefaiciencia.eu/

Penso que está campaña é moi interesante. Aínda que custou, xa está asumido que o galego si serve para utilizar na literatura, en documentos oficiais ou administrativos etc. Porén, o ámbito científico e tecnolóxico, en moitas ocasións, resístese. Parece que aínda existen ese tipo de prexuízos medievais, cando se pensaba que o galego só servía para facer poesía. Con este tipo de iniciativas demóstrase que calquera lingua (entre elas, a nosa) é perfectamente capaz para desenvolverse en calquera ámbito da sociedade, e que os prexuízos lingüísticos deberían ser desbotados por completo.

 

—————

Volver